miércoles, 12 de octubre de 2016

Falamos galego en Venezuela

   Ouvo un tempo o comenzo do siglo vinte, que nin en España nin en Galicia daba nota falar galego, as xentes das casas grandes, puxeron de moda o castelán, e os das casas non tan grandes pareceunos mais elegante que o noso galego, que según moitos era a lingua dos campesinos. Lembro unha esclamación dun home de letras, que nunha poesía decía algo así "Pobre Galicia que os teus fillos se avergoñan de ti"
Despois da guerra do trinta e seis cambaronse as tornas, e empezouse a valorar  o noso, o valorarse o nacionalismo en toda España.
Eu non me din de conta de estes cambios, non estaba en Galicia e a miña fala era a de sempre cos alleos falaba castelán, e na casa falábamos  o que habíamos falado desde que naceramos: o noso galego, tiñamos familiares e amigos cos que pasabamos o tempo de vagar e  con toda naturalidade falabamos o que nos unía e con eso  sentíamonos na casa sin morriñas.
O meu home cando eu cheguei tiña sete anos sin falar galego, pois traballaba con italianos e venezolanos. Outro tanto lle pasaba a meu cuñado, miña irmán tamen veo despois del, o chegar as mulleres uníronsenos outros matrimonios Ester e Antonio  Gallardo, de Lugo , Arcadio Martínez e Montse asturianos.  Os catro matrimonios facíamos xuntanzas nas praias do río  en domingos especiaes, ou nas praias do caribe cando tíñamos varios días de vacacions, levávamos todo un equipo e acampábamos na misma praia, levávamos os nosos pícaros e casi sin sentilo aprenderon o idioma e non lles e allea a nosa  cultura, de eso síntome moi orgullosa pola parte que me tocou .
Levamos a nosa herdanza sin fanatismos, con ledicia e orgullo; a nosa mesa e alavada, os nosos pratos típicos, compiten de igual a igual cos de xente que toda vida foron referentes de grandes chefs. Temos moitos motivos por qué estar orgullosos de ser galegos e a tortilla de pataca, a empanada de raxo, o xamón serrano son algunhas das nosas tarxetas de presentación.
Non somos guapos de todo, os galegos en xeral somos boa xente, pero  como somos humans, temos os mismas acertos e as mismas fallas do  resto do mundo.
Sintínme tan ben cando Don Enrique Cabanela operou o Rey, non por ser o Rey,  por ser él  de Mondoñedo o eminente médico que é, e que todo mundo o soupo.
A boa xente non lle fai falta destacar tanto para ser admirados, pero cando destacan os nosos paisanos agradecemos, poder decir E GALEGO, E COMO EL HAI MOITOS.




No hay comentarios:

Publicar un comentario