lunes, 6 de marzo de 2017

CERCA DOS NOVENTA

Cerca dos noventa e non teño mais que  dous netos Bioloxicos, e moitos mais de adocción, encántame que me chamen avoa as amizades das miñas fillas e as dos meus netos, rexuvenéceme falar con eles.
Nestes últimos anos perdín moita facilida de palabra pero ainda así, as veces cóntanme e oénme
tamén as miñas opinions.
Teño duas fillas e con elas nunca tiven problemas de comunicación e ahora xa temos un trato de amizade, respetuosa por ambas partes e de moita confianza.
En Galicia de donde emigrei deixen unha gran familia, meus pais, a quen lembro como duas persoas adelantadas a sua época, que tiveron unha gran influencia na miña vida, e ainda hoxe encontro alguha das suas ideas tan de vanguarda que deixan pequeniños a moita xente chamada  moderna.
Meos irmans que eran oito, tamén pesaron para facer a despedida dolorosa. O pobo, as costumes, eran moitas cousas das que me despedín pero a ilusión de chegar a terra prometida contrapesou a morriña que sería natural que me dera.
Encontrei  o chegar o meu home que me reciveu falando galego, paseoume por Caracas donde me decatei que non chegara a   un pobo atrasado e inculto e despois de tres días emprendimos o viaxe hacia Ciudad Bolívar donde me esperaba unha casiña que o home me mostrou co a satisfacción de quen mostra unha xoia que fixo cas suas mans e pensando en min. Encontreime tan a gusto nela como si fora un palacio e nela naceron as nosas fillas, unha delas e nai dos nosos  netos.   
 Criamos unha familia acomodada e feliz, cos altos e vaixos propios da xente común de clase media, sempre vivimos en casa propia e pasábamos un mes de vacacions nas praias do Caribe.
Para min mandar as fillas o colexio dos Jesuitas, foi un triunfo solo igualado cando tiven nas mans o seus certificados de final de carreira. 
E para facer a historia mais guapa, temos o xenro
que merecemos, non quero sinalar oseus  bons atributos solo digo que no no ai mellor
Os meus netos merecen todo meu cariño e para min sera un gusto escribir cousas deles que pa eso somos as avoas, para presumir dos netos guapos fareino outro dia que hoxe xa cansei non en valde teño casi noventa anos 
        ORIETA




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario